Presentación do disco “Amandangadamente” de Javi Mandango. Venres 8 de setembro ás 20,30 h.


Presentación do disco “Amandangadamente” de Javi Mandango
Venres día 8 de setembro ás 20,30 h. no #AteneoFerrolán
Entrada 2 €

JAVI MANDANGO - AMANDANGADAMENTE

O disco “Amandangadamente” de Javi Mandango sae á luz tras un longo período de espera. Trátase do primeiro traballo en solitario deste cantante cómico e artista multidisciplinar precario, logo de convertires o antigo dúo “La Mandanga” no seu proxecto persoal actual.

Grabado durante os meses de Xullo, Agosto e Setembro de 2016 nos estudios 'Mi Puta Casa Records' e 'Ansede Mordor Studios' e autoproducido polo propio artista, conta con colaboracións estelares como a do agropachangueiro 'Xente de Lona', a sedosa voz de Tania Redondo, o baixo eléctrico do seu irmán Sonic, Fernán Varela (cantante de Sandford Music Factory) ou o RnR One Man Band 'O Bo de Vil', que prestou a súa voz e instrumentos, así como tamén a súa sabedoría nas labores de masterización.

O traballo consta de dez temas e unha pista extra, nos que se atopan letras con altas doses de humor satírico e políticamente incorrecto, non apto para mentes fácilmente traumatizables. Drogas, sexo e humor escatolóxico mesturado con guitarras, turutas e moito desenfado.

Está dispoñible en formato físico e tamén en descarga dixital na web lamandanga.bandcamp.com

Máis info:
https://drive.google.com/file/d/0BwOQ0rnaU36ROTV0WkEtcTZ5dVk/view?usp=sharing

Presentación do libro "El candidato y la furia" de Argemino Barro. Xoves 17 de agosto ás 20 h



Presentación do libro "El candidato y la furia" de Argemino Barro. 
Xoves 17 de agosto ás 20 h. no salón de actos do Ateneo

Participarán o autor e periodista Argemino Barro e Rosa Cal

Entrada libre. #Ferrol #SomosCultura


O periodista Argemino Barro presenta seu libro “El candidato y la furia” (Editorial La Huerta Grande) o xoves día 17 de agosto ás 20 h. no #Ateneo: unha crónica do ascenso de Donald Trump á presidencia de Estados Unidos e unha viaxe ao corazón da América ferida que lle deu a súa confianza.

“El candidato y la furia” traza un perfil do magnate republican e dos seus votantes, desde Nueva York a Ohio e Virginia Occidental, no contexto do auxe do populismo.
Argemino é corresponsal en Nueva York de Capital Radio e colaborador de El Confidencial. Tamén traballou como freelance para Cuatro, Telecinco, El Mundo, La Vanguardia e Magazine Fashion & Arts, entre outros medios de comunicación.
Antes de instalarse en Estados Unidos, Argemino especializouse no espacio post-soviético e no 2014 gañou o premio internacional de periodismo "Belarus in Focus" polo seu traballo sobre a dictadura de Bielorrusia.
O evento vai a ser moderado por Rosa Cal, Profesora Titular, Jubilada e Honorífica na Universidade Complutense de Madrid.

Argemino Barro

Boletín Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca do mes de xuño 2017


Boletín Novidades da nosa Biblioteca-Hemeroteca do mes de xuño.
#Entradalibre #AteneoFerrolán

2ª Mostra de Videoclips A Esgalla. Do 15 ao 30 de xuño


2ª Mostra de Videoclips A Esgalla. Concello de Ferrol. 

Do 15 ao 30 de xuño no #AteneoFerrolán

Xa podedes consultar e difundir o programa oficial completo de #VideoclipsaEsgalla2017. Atentos á nosa web, pouco a pouco iremos informando tamén dos diversos eventos extraoficiais que se sumarán a estes 15 días de festa adicados ao #videoclip de#Ferrolterra.

https://www.facebook.com/videoclipsaesgalla/



Charla: "Decrecentismo: unha alternativa tamén para Galiza". Mércores día 14 de xuño ás 20,30 h.

Charla: "Decrecentismo: unha alternativa; tamén para Galiza"

Mércores día 14 de xuño ás 20,30 h. no #AteneoFerrolán

Presenta Miguel A. Neira Romero

Falarán:

Héctor Tejón Sáez (Sociólogo e investigador social)
Miguel Anxo Abraira (Activista social e político)

Presentación video sobre Xoán Beceiro Amado. Martes 13 de xuño ás 20 h.



O martes día 13 de xuño ás 20 h. no #AteneoFerrolán haberá a presentación dun video sobre Xoán Beceiro Amado, primeiro tradutor de "El Quijote" ao galego. 
Falará Siro López


Coa presentación deste vídeo, realizado por Carlos Laíño, sobre a vida e a obra literaria do xeneral ferrolán Xoán Beceiro Amado, primeiro tradutor ao galego de obras clásicas como o Quixote, O Lazariño de Tormes, a Vida do Buscón don Pablos, a Ilíada, a Odisea e un longo etc., o Ateneo Ferrolán tenciona demostrar, cando a celebración do Día das Letras Galegas está aínda recente, que o idioma galego pode e debe ser de todos. 

O xeneral Beceiro Amado fixo a Guerra Civil co bando nacional, o que non lle impediu sentir o galego como lingua proia. A normalización lingüística acadarase cando desaparezan os prexuízos que aínda hoxe nos moven a identificar o idioma de todos cunha parte da poboación.

O vídeo sobre o xeneral Beceiro é un excelente argumento para promover o debate.  

«Hoxe é un día grande para a Academia. Esta é a primeira tradución que se fixo ao galego do Quixote e está aquí». Isto dicía o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, amosando os libros que acababa de doar Juan Luis Beceiro García. O donante é fillo do xeneral Juan Beceiro Amado (Ferrol, 1909-Madrid, 1990), que databa o 25 de xaneiro de 1972 o remate desta tradución. Alonso Montero lembrou que Carré Alvarellos «fixo a tradución de dous capítulos» da obra de Cervantes, «pero esta é a primeira da obra completa».


Charla "Vivencias compartidas con Carlos Casares". Xoves 8 de xuño ás 20 h.


O xoves día 8 de xuño ás 20 h. terá lugar no Ateneo Ferrolán unha  
charla que impartirá Siro López Lorenzo sobre as 

"Vivencias Compartidas" con Carlos Casares

 O acto está organizado polo Club de Prensa de Ferrol. 

Carlos Casares tivo unha brillante traxectoria como colaborador na prensa e deixou escritas pezas de indubidable valor literario, por iso é polo que o Club de Prensa ve neste acto unha oportunidade para homenaxear a este singular xornalista. 

Acompañarán na mesa a Siro López , Julia Díaz Sixto e José Picado Carballeira.
Entrada libre.




Exposición Fotográfica "WILD". Do 2 ao 30 de xuño.


Exposición Fotográfica "WILD" de Cristina Pérez Parapar

Do 2 ao 30 de xuño de 2017 no #AteneoFerrolán

A mostra componse de 35 imaxes adicada ao mundo da natureza salvaxe: fauna, flora e paisaxes.

Inauguración o venres 2 de xuño ás 19 h.

Máis info:


Obradoiro de percusións tradicionais. Domingo 4 de xuño



Obradoiro de percusións tradicionais
domingo día 4 de xuño de 11 a 14 h e de 16 a 20 h.

-Prezos: 20€ Percusión doméstica // 25€ Pandeiros // 35€ xornada completa
-Inscripcións ata xoves 1 de xuño 

Telf: 658.030.219 ou na secretaría do Ateneo co telefono 981.357.970

Imparte: Carlos Martínez / /www.d-raizmusica.com

Información

Percusión doméstica
Roteiro polas raíces do folclore a través dos antigos instrumentos do agro, das cociñas e as sobremesas. Técnicas e ritmos galegos, da península ibérica, o mediterraneo e sudamérica, xunto o seu contexto cultural e instrumental. Posibilidades destes ritmos na música tradicional galega. Adaptación nas percusións domésticas de recursos doutros instrumentos como diferentes baquetas, xogos de dedos e ritmos modernos.
Exemplos con audios e partituras.

Pandeiros, técnicas e ritmos
Encontro cos ritmos, sonoridades e contextos culturais de diferentes pandeiros primos e irmáns da pandeireta, o pandeiro e a pandeira galega.
Introdución das técnicas e ritmos tradicionais xunto a diferentes aplicacións e posibilidades destes recursos nos instrumentos galegos.

Pandeiro brasileiro, kanjira, pandeiros do norte de África e o mediterráneo como o riqq, daff, frame drum e bendir. O principal obxectivo é aumentar as sonoridades e a riqueza rítmica e técnica, abrindo portas cara outros folclores e músicas modernas.

Exemplos con audios e partituras.



Obradoiro de Técnica Vogal. Venres 2 e 9 de xuño.




Obradoiro de Técnica Vogal 
a cargo de Pablo García Ferradás

Venres 2 e 9 de xuño de 17 a 20 h. no #Ateneo 

Obradoiro para mellorar a técnica de canto, como quentar a voz e cuidala 
para poder sacarlle o mellor partido. 

Inscrición gratuita.Prazas limitadas.

Organizan: Locais Ensaio

Charla: "Estaleiros de futuro. Comarca con futuro". Venres 26 de maio ás 19 h.


Charla: "Estaleiros de futuro. Comarca con futuro"

O venres día 26 de maio ás 19 h. no salón de actos do #Ateneo

Participarán:

Yolanda Díaz (Deputada de En Marea) e Javier Galán (Esquerda Unida)

Entrada libre.

Exposición Fotográfica de Paula Iglesias. Do 10 de abril ao 31 de maio.


Exposición Fotográfica de Paula Iglesias

"A miúdo é xente. Retratos recortables"

Inauguración luns día 10 de abril ás 20 h.

Entrada libre 

Do 10 de abril ao 31 de maio nas salas de exposicións do #Ateneo (1ª planta)

Máis info: http://paulaiglesiasfoto.com/

Exposición de fotografías de Alberte Couto "Nocturnalia". Do 4 ao 31 de maio.



Exposición de fotografías de Alberte Couto "Nocturnalia"


Do 4 ao 31 de maio de 2017 
nas salas de exposicións do #AteneoFerrolán

Máis info: 
https://www.facebook.com/Alberte-CoutoFotograf%C3%ADa-258563870852584/

Presentación Documental "Deportado 4443". Mércores 24 ás 19,30 h.



O Club de Prensa de Ferrol presentará o mércores día 24 de maio no Ateneo Ferrolán ás 19:30 h., o documental «Deportado 4443», impulsado polo xornalista Carlos Hernández. O periodista, cunha dilatada traxectoria en medios e no ámbito da comunicación política, é tamén autor do libro que derivou neste traballo audiovisual.
Trátase dun documento a modo de «testemuña dos máis de 9.000 presos españois que estiveron nos campos de concentración nazis». O tío de Hernández foi o «deportado 4443» durante máis de catro anos no de Mauthausen e convértese agora no inicio para a historia que relata o documental.

Participarán na charla: Carlos Hernández e Daniel Rocha.

Entrada libre.



Sesión Vermú do Ateneo. Sábado día 20 de maio a partir das 12 da mañá


Sesión Vermú do Ateneo a partir das 12 da mañá


O sábado día 20 de maio faremos unha Sesión Vermú acompañad@s por Fefi, letras, cancións, poesía ... para enchernos de ledicia entre amig@s.

Estades convidad@s a participar.


Vos esperamos a tod@s!!!


#maio #letras #poesía #música 

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1559368097415475/

Xornada do Día das Letras Galegas e Carlos Casares. Xoves 18 de maio ás 19 h.

Xornada do Día das Letras Galegas e Carlos Casares
xoves 18 de maio ás 19 h. 
no Ateneo Ferrolán celebraremos o Día das Letras Galegas
Haberá lectura de textos de Carlos Casares: Tino Martínez, Anxeles Seoane, Carmen Ladra, e visualización do power point "As nosas letras con Carlos Casares" realizado por Aurora Varela e Rosa Martínez que contarán un pouco sobre a historia das Letras Galegas e de Casares.
Entrada de balde.

Master Class con Cabe García. Venres 12 maio ás 18 h.


Venres 12 de maio ás 18 h. no #AteneoFerrolán

Ensaio Ferrol organizan no Ateneo Ferrolán unha Master Class a cargo do guitarrista local Cabe García, cunha gran experiencia e cunha técnica peculiar, impartirá este obradoiro formativo ensinando o seu amplio repertorio de trucos e técnicas de "supervivencia" guitarreira. 

Entrada de balde para todo o público!!! 

Traede a guitarra!!

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1899871750268566/

Presentación do libro "IBEX 35". Xoves 4 de maio ás 19,30 h.


O xoves 4 de maio ás 19:30 h. no #AteneoFerrolán terá lugar, dentro do ciclo organizado pola AC Fuco Buxán "Democracia e Compromiso", a presentación do libro "IBEX 35" .

Unha historia herética do poder en España polo seu autor RUBÉN JUSTE.



Presentación do libro "Partes de ti". Venres 5 de maio ás 20,30 h.


Presentación do libro "Partes de ti"
Venres día 5 de maio ás 20,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán

Este venres día 5 de maio temos o pracer de anunciar que se presentará "Partes de ti" en Ferrol, nun lugar emblemático como é o Ateneo Ferrolán e rodeados dunha chea de amigos dos autores que seguro farán as delicias de todos os asistentes.

Ao finalizar o show Al Vila e Edu Pereira atenderán todas as preguntas dos asistentes e farán unha firma de libros.

Martes de Cine 2017. Ciclo CANTINFLAS ás 19 h.


Martes de Cine 2017. Ciclo CANTINFLAS ás 19 h.


 Martes día 2 de maio– "El bolero de Raquel”

Ano 1956 Duración 101 min. País México Director Miguel M. Delgado
Reparto: Mario Moreno "Cantinflas"Manola Saavedra, Flor Silvestre, Paquito Fernández,Mario SevillaAlberto CataláRoberto Meyer
 
Sinopse: Tras a morte do seu mellor amigo, Cantinflas ten que facerse cargo de Chavita (Paquito Fernández), o fillo do defunto. Desexoso de progresar e ter diñeiro para manter ao neno, poñerase a buscar traballo como un tolo, probando diversos empregos (albanel, socorrista na praia de Acapulco, limpiabotas...). Proponse, sobre todo, satisfacer o maior desexo de Chavita: ter unha pelota, como os demais nenos. Pero o destino tenlle reservada máis dunha sorpresa.
Martes día 9 de maio– "Por mis pistolas”

Ano 1968 Duración 121 min. País México Director Miguel M. Delgado

Sinopse: Fidencio Barrenillo (Cantinflas) parte cara a Arizona en busca dunha vella mina de prata que pertenceu ao seu bisavó. Pero nada máis cruzar a fronteira é capturado polos apaches coa intención de sacrificalo. Afortunadamente para el, o xefe da tribo sofre unha terrible dor de moas e ordena suspender a execución ata nova orde. Fidencio ve entón unha clara oportunidade para librarse da morte, e cura ao xefe indio, converténdose de inmediato no fillo adoptado da tribo. Máis tarde, viaxará ata o poboado de Hot Dog Springs e toparase con máis problemas. Alí espéralle o malvado bandoleiro Pat Ou´Connor e a súa banda de pistoleiros, que lle darán moito máis problemas que os indios...
Martes día 16 de maio– "El analfabeto”
Ano 1961 Duración 128 min. País México Director Miguel M. Delgado
Sinopse: Inocencio Prieto é un mozo analfabeto que recibe unha carta na que se lle comunica que herdou unha gran fortuna dun tío seu que acaba de falecer. Con todo, Inocencio non se decatará do contido da carta ata que aprenda a ler e escribir.
Martes día 23 de maio– "El señor doctor”
Ano 1965 Duración 113 min. País México Director Miguel M. Delgado

Sinopse: O doutor Salvador Medina, un médico pueblerino, decide marcharse á capital co fin de progresar na súa carreira. Alí atoparase cun mundo descoñecido para el: Raios X, electroencefalogramas e moitas técnicas sofisticadas que lle crearán problemas. Pero non só deberá loitar contra os modernos aparellos, senón tamén co ríxido doutor Villanueva.
Martes día 30 de maio– "El patrullero 777”
Ano 1978 Duración 120 min. País México Director Miguel M. Delgado
Reparto: Mario Moreno "Cantinflas"Ana Bertha LepeWolf RuvinskisAmparo Arozamena,Alejandro CiangherottiLaura ZapataOfelia GuilmáinFernando Luján,Pompín Iglesias, Norma Herrera, Ramón MenéndezCarlos Riquelme,Rosángela Balbó


Sinopse: Diógenes, o patrulleiro 777, é constantemente reprendido polo seu xefe, o maior Malagón, porque afai resolver con métodos moi persoais os casos que se lle expoñen como vixiante da cidade de México. Diógenes, membro do coche patrulla 2101, o mesmo soluciona un problema conxugal que dá unha serenata á noiva dun transeúnte ou evita, con risco da súa vida, que un raparigo desesperado arróxese á rúa desde un 7º piso.

Concerto "Tu Otra Bonita" e "Club del Río". Sábado día 29 de abril ás 21,30 h.



Concerto "Tu otra bonita" e "Club del río" no #AteneoFerrolán

Sábado día 29 de abril ás 21,30 h.

Quizais non sabiades que algo tan bo estaba a cociñarse.... pero si, era así, e aquí está!!!! Na ponte de maio imos todos a Campeiras! Será unha escapada chea de MÚSICA, SURF, ONDAS, PULPO E LICOR CAFÉ!

Alguén ten algunha dúbida de cal é o plan? Ven connosco, "Tu otra bonita" e "Club del río" do 28 de abril ao 2 de maio e non te perdas o concertazo que nos darán ambos o SÁBADO 29 de abril, ás 21.30 no Ateneo Ferrolan ♥ ♥

Consegue as túas entradas en Wegow antes de que voen!!!!

https://tickets.wegow.com/entradas/campeiras-live-presenta-tu-otra-bonita-club-del-rio#tickets

Representación "La bruja y Don Cristóbal". Xoves 27 de abril ás 20,30 h.


O xoves día 27 de abril ás 20,30 h. a compañía de teatro "Títeres Desde Abajo" representarán no #Ateneo a obra "La bruja y Don Cristóbal" con entrada a 2 € ate completar aforo e dirixida a maiores de 14 anos.

Comunicado de Títeres desde Abajo
23 de enero de 2017


Escribimos estas líneas para contaros que próximamente volveremos a representar nuestra obra más famosa “La Bruja y Don Cristóbal”, la obra de la que todo el mundo tiene una opinión pero que muy pocas personas han tenido la oportunidad de ver.

La hacemos por varios motivos. El primero, y seguramente el más importante, es porque nos apetece hacerla. Es la obra que decidimos crear hace ya más de un año y a la que le pusimos todo nuestro trabajo y cariño durante varios meses. Nos apetece hacerla porque hace un año, cuando la estrenamos, era una obra inacabada a la que le quedaba mucho trabajo por delante y que tuvimos que abandonar durante un tiempo por motivos de sobra conocidos. Ahora hemos encontrado el tiempo para volverla a montar, y hemos estado construyendo nuevos decorados y los títeres y atrezzo que fueron secuestrados por el Estado y que a día de hoy siguen inexplicablemente bajo custodia.

Se trata, por tanto, de un reestreno porque hemos introducido algunos cambios pero lo esencial de la obra, lo que nos llevo a la cárcel, se mantiene.
La obra se representará en el “Teatro del Barrio” de Madrid el 5 de febrero, día en que se cumple un año de nuestra detención. Será retransmitida por streamming con lo que podrá ser vista a través de internet a tiempo real. También va a ser proyectada en innumerables espacios dentro y fuera del Estado Español y al finalizar la misma habrá una mesa redonda en la que participarán nuestros abogados, el grupo de raperxs La Insurgencia, también perseguidos por la Audiencia Nacional por expresarse a través de su música, Cesar Strawberry, detenido en una de las operaciones araña y recientemente condenado por unos comentarios en la redes sociales por el Tribunal Supremo a un año de cárcel después de que su caso haya sido archivado en dos ocasiones, el colectivo de “Madres Contra la Represión” y la “Plataforma de Apoyo a Nahuel” que lleva secuestrado por el Estado mas de 400 días en prisión preventiva sin que pese sobre él ninguna acusación concreta.

Volvemos a hacer la obra por lo que cuenta. Vivimos gobernados por un miedo inducido por quienes tienen el poder: políticos, religiones, policías, medios de comunicación, jueces, fiscales, y amos del capital. Nuestra Bruja representa a aquel que se atreve a vivir en libertad y cuestionar el orden impuesto y sufre la represión en manos del Estado y sus leyes.

Lo haremos bien acompañados porque, si algo hemos aprendido en este año es que, por suerte, no estamos solos. No podríamos haber realizado este acto sin la ayuda y el compromiso de los grupos de apoyo que se crearon alrededor de nuestro caso, sin todo el apoyo recibido durante este año de colectivos y organizaciones libertarias, antirrepresivas y culturales y que, una vez más, siguen a nuestro lado apoyándonos en este aniversario a través de la proyección de la obra por medio del streamming.

Somos muchas las que no nos resignamos a vivir de esta manera y juntas intentamos superar esos miedos tendiéndonos la mano para establecer vínculos verdaderos de solidaridad y apoyo mutuo. Nosotros entendemos el teatro precisamente de esta manera, como un espacio de encuentro con nuestros iguales, donde establecemos un diálogo y podemos compartir nuestras inquietudes, nuestros anhelos y nuestros sueños.

Y por último, también hemos decidido volver a actuar con “La Bruja y Don Cristóbal” por el propio teatro de títeres de cachiporra y cualquier forma de ficción que han sido puestas en peligro desde nuestra detención. Aún a día de hoy, el juzgado que ha archivado la última causa que pesaba sobre nosotros lo ha hecho de forma provisional. No por considerar que la obra es no delictiva, si no porque entiende que no hay suficientes pruebas que demuestren realmente que es un acto punible.

Os animamos a ver la obra

Related Posts with Thumbnails