Exposición e Charlas Numismática Galega. Venres día 27 de outubro ás 17,30 h.


Exposición e Charlas Numismática Galega

Venres día 27 de outubro ás 17,30 h.

Organizada polo Círculo Filatélico e Numismático de Ferrol

Inauguración da Exposición Numismática Galega ás 17,30 h.

Ás 18,30 h. charla de Aurelia Balseiro "Percorrido pola colección numismática" do Museo de Lugo

Ás 19,15 h. Charla de Antolín Zapiraín e Antón Rey "Catalogación da moeda galega"

No #AteneoFerrolán na rúa Magdalena 202-204 (aparece errónea no cartaz) con entrada libre.

Día das Bibliotecas no Ateneo. 24 de outubro



24 de outubro: #DíaBibliotecas ¡Ven a celebralo a @biblioateneo!
Si eres Socio ou Socia do #AteneoFerrolán ven e lévate un libro 
(do 24 ao 28 de outubro) 

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/134734913945185

#EstoyEnLaBiblio #AteneoFerrolán #SomosCultura #Ferrol

Visita Turística "Amigos de los Ateneos" ao Ateneo Ferrolán. Outubro 2017




AMIGOS DE LOS ATENEOS é un punto de encontro e debate dos ateneos de fala hispana. Esta plataforma facilita a interrelación das diferentes realidades ateneísticas e tenta crear unha comunidade nun entorno virtual de participación global.

O sábado 14 de outubro o Ateneo Ferrolán viveu unha xornada especial de Turismo Ateneísta coa visita programada de directivos de diversas entidades culturais, encabezados pola Federación de Ateneos de Catalunya. O motivo da visita foi a iniciativa da mesma de contactar con centros sociais de toda España, enmarcada nunha xira que levounos, de momento a Valencia, Asturias, Santiago, Ourense, Coruña e Ferrol.

Na súa visita a Ferrol coñeceron ampliamente as Instalacións do Ateneo, funcionamento e actividades así como, posteriormente, o Castelo de San Felipe e a súa historia explicada por unha guía de Fertur; nun intento do Ateneo por espallar e informar do noso patrimonio histórico e cultural. A visita rematou cun xantar de productos galegos nun coñecido restaurante ferrolán.

A relación de entidades estivo encabezada por Salvador Casals, Presidente Federación de Ateneos de Catalunya e máis a técnica Joana Periañez, formando parte da mesma unha representación dos seguíntes centros:

ATENEOS CATALUNYA
Presidente Federación de Ateneos de Catalunya Salvador Casals
  • Federación de Ateneos de Catalunya
  • Societat La Principal (Villafranca del Penedés)
  • Casino Unió Comercial (Villafranca del Penedés)
  • Societat Casino (Sant Andreu de La Barca)
  • Ateneu de Cultura Popular (Hospitalet del Llobregat)
  • Asssociació Cultural Plataforma Odeón (Canet del Mar)
  • Unïsos de Grácia (Barcelona)
  • Centre Cultural Sant Vicenç de Sarriá (Barcelona)
Amigos de los Ateneos es un punto de encuentro y debate de los ateneos de habla hispana. Esta plataforma facilita la interrelación de las diferentes realidades ateneísticas y crea una comunidad en un entorno virtual de participación global.

Pero más allá de las aportaciones históricas, debemos plantearnos si actualmente la mayor contribución de los ateneos a la sociedad es la activación de capital social.

Actividades en apariencia nimias, como organizar una campaña de recogida de alimentos, diseñar una zona de ocio con el vecindario o proponer mejoras en el mobiliario urbano del entorno son ocasiones para la activación de capital social, entendido a la manera del sociólogo Robert Putnam.

Putnam define el capital social como fruto activo de la cooperación organizada entre miembros de la comunidad que establecen relaciones bajo la interiorización de valores (confianza, reciprocidad, solidaridad) y a través del tejido social, de las normas formales e informales y las instituciones.
Los ateneos ejercen un papel clave de antenas de nuevas necesidades ciudadanas en materias como formación y crecimiento personal, conocimientos alternativos o no reglados, construcción comunitaria en materia de cultura y urbanismo… Si prestamos atención a la realidad social, esto nos permitirá armar una programación que convoque inquietudes y recursos humanos disponibles en nuestro entorno más inmediato. El nuevo capital social requiere de innovación.

El debate sobre los ateneos me parece no sólo bueno, sino importante. Tan sólo diría que se puede vincular, sin exceso, con el reto contemporáneo de la educación permanente, indispensable para la formación en libertad de personas libres y con capacidad de ejercer la crítica, y la adquisición de herramientas de aprendizaje que, como siempre, ni tienen límite sociológico ni se adecuan a ninguna franja de edad.
El entramado asociativo y cultural de los ateneos -otra manifestación de la formación y el ocio (van juntos) de los adultos, es indisociable de la defensa del proceso de emancipación de todas las personas respecto a cualquier sometimiento a ninguna relación de poder, patriarcal , familiar, sexista, económica, mediática (muy presente, por ahora) etc.


El Ateneo, la formación, la sociabilidad, el ocio, la construcción de cultura, la asociación en el mundo de los adultos, como antídoto ante la superficialización de las relaciones humanas y la atomización de las relaciones sociales. 

Máis fotos da visita neste enlace: 
https://www.facebook.com/pg/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/photos/?tab=album&album_id=1919637554958889


Presentación Libro: "Radio Liberty: La CIA en playa de Pals" de Rosa Cal. Xoves 26 de outubro ás 19,30 h



Presentación Libro: "Radio Liberty: La CIA en playa de Pals" de Rosa Cal.
Xoves 26 de outubro ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán 

Contaremos coa presenza de Xulia Díaz, Eliseo Fernández e a autora Rosa Cal.
Organizado polo Ateneo Ferrolán e o Club de Prensa.

Os alicerces da radio eran: a CIA, grandes empresas coas súas achegas económicas, e os militares. O seu labor era emitir propaganda aos países da URSS, co obxectivo de conseguir a súa liberación. Facíano desde España que estaba secuestrada por unha ditadura. Foi das máis potentes do mundo, co material máis novo no seu momento.

XVII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017. Días 20, 21 e 22 de decembro ás 19 h.

Participa e Difunde!
XVII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2017

20, 21 e 22 de decembro de 2017 ás 19 h. no #AteneoFerrolán



Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 1 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.


Os días 20, 21 e 22 de decembro de 2017, levarase a cabo a XVII MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

GRAZAS POR PARTICIPAR!

E para os cinéfilos, lembrar que temos tódalas curtas de tódalas edicións na filmoteca 📽️ da

Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/124500624881854/

Charla sobre "Composición Fotográfica". Venres día 20 de outubro ás 19,30 h.


Charla sobre "Composición Fotográfica" e Presentación do último libro de Fran Nieto

Venres día 20 de outubro ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán


Charla na que analizaremos a forma en que percibimos a realidade e valoraremos se existen regras compositivas.

Ao finalizar a charla fará unha breve presentación do seu último libro, que trata sobre estes temas.

Esperámosvos!

Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

Mostra Fotográfica "Removendo recordos" de Esperanza Vázquez Dopico. Outubro 2017



Mostra Fotográfica "Removendo recordos" 
da artista ferrolá Esperanza Vázquez Dopico

Outubro de 2017


Inauguración o venres día 6 de outubro ás 20 h.

Entrada libre 


Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/1703704013004309

Exposición Fotográfica "O libro das sombras" de Nerea Corral. Outubro 2017



Exposición Fotográfica "O libro das sombras" de Nerea Corral 

Do 29 de setembro ao 31 de outubro de 2017


Inauguración venres 29 de setembro ás 20 h. no #Ateneo.


Entrada libre.

Related Posts with Thumbnails